cinematógrafo
(< cinemato- + -grafo)
-
s
m
[TECNOL]
Aparato que permite a proxección de películas cinematográficas ( cinematografía).
-
cinematógrafo Lumière
[TECNOL]
Aparello de reprodución cinematográfica inventado por Auguste e Louis Lumière en 1895 e presentado o 28 de decembro dese mesmo ano nun pequeno salón do Grand Café de París. O éxito derivado desta proxección foi inmediato e os irmáns Lumière presentárono en Francia en parte de Europa. Paralelamente, apareceron outros inventos similares como o cronofotógrafo, de Gaumont-Demeny; o cinetógrafo, de Meliés-Reulos; o cinetoscopio, de Edison; e o animatógrafo, de R. W. Paul que desapareceron ante a calidade do aparello dos Lumière. Empregouse nas primeiras proxeccións realizadas en España; o 14 de maio de 1896 presentouse en Madrid, na planta baixa do Hotel de Rusia, a cargo de Alexandre Promio, delegado da casa Lumière en España; na Coruña o 2 de setembro de 1896 no Teatro-Circo; e en Pontevedra o 17 de abril de 1897, a cargo de César Marques e Alexandre Pais de Azevedo, representantes da casa Lumière en Portugal.