cineteodolito
cineteodolito
(< cine- + teodolito)
s
m
[ASTRON]
Aparato de seguimento visual de artefactos balísticos (mísiles, naves aeroespaciais ou satélites artificiais) que permite determinar a súa traxectoria. Consta dunha cámara cinematográfica con teleobxectivo, que segue o artefacto, e dun dispositivo que rexistra simultaneamente o tempo e a súa situación en acimut e altura; a análise posterior da toma cinematográfica permite reconstruír a traxectoria.