cinetina

cinetina

(

s f [BOT]

Hormona vexetal do grupo das cininas derivada dos ácidos desoxirribonucleicos, descuberta en 1955 no lévedo, identificada como 6-furfurilaminopurina. É especialmente notable a súa acción estimuladora da división celular, que só ten lugar en presenza dunha concentración equilibrada de auxina. Tamén estimula o aumento das dimensións celulares, a aparición e crecemento das raíces, o desenvolvemento dos gromos laterais, o crecemento en peso da parte aérea da planta e a xerminación das sementes dalgunhas plantas.

Palabras veciñas

cinética | cinético -ca | cinétida | cinetina | cineto- | cinetocoro | cinetógrafo