cinto

cinto

(

    1. s m

      Faixa ou correa de coiro, tea ou doutro material, xeralmente con fibela, que se emprega para cinguir e axustar a roupa á cintura. Ex: Cáenlle os pantalóns e ten que usar cinto.

      Ex: Cáenlle os pantalóns e ten que usar cinto.

    2. s m [DEP]

      Faixa de tea resistente que os combatentes, de judo e outras artes marciais, se ligan á cintura. A súa cor varía segundo o grao de coñecemento e madureza do practicante.

    3. cinto de castidade [HIST]

      Cinto que os señores poñían ás súas esposas na Idade Media co fin de que non fosen infieis mentres ían á guerra.

    4. cinto de seguridade [TRANSP]

      Faixa de tea forte que se cingue á cintura dos viaxeiros dun avión ou dun automóbil para evitar que sexan lanzados fóra dos asentos en caso dunha freada súbita ou dun choque.

    1. s m

      Fileira ou serie de cousas que rodean algunha cousa. Ex: Quedaron rodeados por un cinto policial.

      Ex: Quedaron rodeados por un cinto policial.

    2. s m [XEOG/AGR]

      belt.

    3. cinto do Pacífico [XEOL]

      Franxa de actividade volcánica con numerosos volcáns activos, tamén coñecida como o cinto de lume, que bordea o Océano Pacífico. Comprende principalmente o arquipélago Malaio, Filipinas, Xapón, Alasca, as Rochosas, os Andes e América Central. Está causada polo movemento das placas tectónicas, que provoca o afundimento e a fusión dunha placa debaixo doutra.

  1. s m [PESCA]

    Faixa de esparto, lona ou coiro que se empregaba na arte de cerco, na xábega e noutras técnicas para conducir a rede a terra.

  2. cinto de Venus [ANIMAL]

    Ctenóforo mariño, co corpo comprimido e alongado en forma de cinta, de 30 a 40 cm de lonxitude, delgado e transparente, moi vistoso. Ten catro láminas vibrátiles transparentes e os tentáculos principais reducidos, mentres que os secundarios se atopan en dous sucos preto da boca. É peláxico e común no Atlántico e no Mediterráneo.

Frases feitas

  • Apertar o cinto. Gastar menos cartos.