Ciobre, pazo de
Ciobre, pazo de
Casal situado en Santa María a Maior do Val (Narón). De planta rectangular e muros de cachotería con perpiaños nas esquinas, cóbrese con tella a catro augas. O primitivo pombal funciona como celeiro. Foi propiedade de dona Vicenta de Aguiar Tenreiro y Seijas e de don Ignacio Pardo de Lama.