Ciompi, tumulto dos

Ciompi, tumulto dos
[HIST]

Alzamento popular protagonizado polos cardadores de la que tivo lugar en Florencia de xuño a agosto de 1378, nun contexto de precariedade económica e carencia de representación nos cargos públicos. Acadou gran violencia, tivo un notable éxito inicial ao contar co apoio de elementos do pobo máis acomodados e conseguiu melloras na condición política dos revolucionarios. A traizón de Michele di Lando e a reacción dos cabezas das corporacións gremiais provocaron o fracaso e unha dura represión. En 1382 houbo un novo intento de cambiar a situación pero reprimiuse e supuxo a completa restauración da aristocracia.