ciprínido -da
ciprínido -da
(< lat científico Cyprinus)
-
adx
Relativo ou pertencente aos ciprínidos.
-
s
m
[ANIMAL/ICT]
Peixe da familia dos ciprínidos.
-
s
m pl
[ANIMAL/ICT]
Familia de peixes de auga doce da orde dos cipriniformes, de corpo ovado, cunha única aleta dorsal, boca pequena e protráctil, con labios grosos e, nalgunhas especies, con barbelas. Non teñen dentes nas mandíbulas pero si nos ósos farínxeos. Omnívoros, as máis das veces forman bancos. Existen máis de 1.500 especies e distribúense por todos os continentes, agás Oceanía e América do Sur. Pertencen a esta familia os barbos, as bogas de río, os cachos e as vermelliñas.