Cira, torre de

Cira, torre de

Situada en Cira (concello de Silleda), erixiuna Vermudo Suárez en 1121 baixo a supervisión do arcebispo Xelmírez, quen despois habería de estar preso nela por orde de dona Urraca. Testemuño das Revoltas Irmandiñas (1476), reconstruíuna con posterioridade don Lope Sánchez Moscoso. Da antiga fortaleza só conserva, en estado ruinoso, a torre da homenaxe. Trátase dunha edificación de 25 m de altura de planta cadrada. Foi declarada Ben de Interese Cultural no ano 1995.

Palabras veciñas

cipsela | cipsélido -da | Cira | Cira, torre de | Cirauqui | circa* | circa-