cirrípede

cirrípede

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos cirrípedes.

  2. s m [ANIMAL]

    Individuo da subclase dos cirrípedes.

  3. s m pl [ANIMAL]

    Subclase de crustáceos mariños que se caracterizan na vida adulta por presentar o corpo e as patas cubertos por unha cuncha bivalva fixada ao substrato de forma directa ou por medio dun pedúnculo. En relación cos crustáceos tipo, presenta unha anatomía modificada, coa cabeza e o abdome moi reducidos, non presentan ollos nin anténulas, e as patas están transformadas en cirros bífidos, articulados, cos que filtran a auga e obteñen o alimento. Son, as máis das veces, animais gregarios que forman piñas sobre substratos duros. Algunhas especies furan no substrato e outras son parasitas doutros crustáceos, como as do xénero Sacculina. As especies que viven no espazo intermareal resisten os períodos de exposición da baixamar. Durante o desenvolvemento larvario adoptan primeiro a forma nauplio e logo cipris. A esta subclase pertencen os arneiróns e os percebes.

Palabras veciñas

cirrichar | cirriforme | cirrio | cirrípede | 1 cirro | 2 cirro | cirrocúmulo