císido -da

císido -da

(< lat científico Cis, xénero de coleópteros)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos císidos.

  2. s m [ANIMAL/ENTOM]

    Insecto da familia dos císidos.

  3. s m pl [ANIMAL/ENTOM]

    Familia de coleópteros que no estado adulto, a maior parte das especies, son menores aos 2 mm de lonxitude, de cor castaña ou negra e con forma de bocoi. Aliméntanse de cogomelos, especialmente os da subclase das afiloforomicetídeas, ou de materiais en descomposición.

Palabras veciñas

ciscar | Ciscaucasia | cisco | císido -da | cisium* | Ciskei | CISL