cisticercose

cisticercose

(

s f [PAT]

Parasitose humana producida polas larvas da tenia do porco (Taenia solium) ou da tenia da vaca (Taenia saginata). Prodúcese por autoinfección ou, máis frecuentemente, por contaminación fecal dos alimentos. Cando os ovos chegan á porción inicial do intestino delgado, saen as larvas, que atravesan a parede intestinal, disemínanse polo sangue e fíxanse especialmente na pel, nos músculos, no cerebro e nos ollos.

Palabras veciñas

Cistérniga | cisti- | cisticerco | cisticercose | cístico -ca | Cisticola | cistidio