cistina

cistina

(< cisti- + -ina)

s f [BIOQ]

Aminoácido non esencial que en estado natural se atopa en forma L. Obtense por oxidación da cisteína. O pelo contén cantidades importantes de cistina; a súa redución a cisteína con tioglicolato é a base dos procesos de ondulación permanente do cabelo en frío.

Palabras veciñas

Cisticola | cistidio | Cistierna | cistina | cistinuria | cistite | cisto-