cladístico -ca

cladístico -ca

(< cladismo)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao cladismo.

  2. adx [BIOL]

    Aplícase ao método que tenta establecer a filoxenia por medio de caracteres taxonómicos de cada grupo. Basea a clasificación dos organismos no feito de que os trazos compartidos por distintos individuos revelan un ordenamento xerárquico na natureza. Estes ordenamentos xerárquicos exprésanse sucintamente por medio de cladogramas.

Palabras veciñas

Clactonense | Cladel, Léon | cladismo | cladístico -ca | Cladium | clado | clado-