Cladostephus
Cladostephus
[PROTISTA]
Xénero de algas pardas, o único da familia das cladostefáceas. En Galicia pódese atopar a especie C. spongiosus, que presenta talos cilíndricos, de ata 20 cm de lonxitude, con ramificación dicotómica irregular, que se fixa, mediante un disco basal, ás rochas do mesolitoral medio e inferior.