claritas*
claritas*
s
f
Primeira das tres calidades esixidas ao orador, xunto co ornato e o decoro. Implica a comprensibilidade do discurso, que se obtén, no nivel da inventio e da dispositio, mediante a coherencia e a concatenación lóxica das ideas, e no da elocutio, a través dunha enunciación lingüística transparente, que garanta a comprensión do receptor tanto no plano das palabras e períodos como na estruturación total do discurso.