clasificador -ra
(
-
adx e s
Que ou quen clasifica ou se emprega para clasificar. Ex: Regaláronme unha carpeta clasificadora para ordenar mellor os meus apuntamentos. Trouxo un clasificador de moedas para a tenda.
Ex: Regaláronme unha carpeta clasificadora para ordenar mellor os meus apuntamentos. Trouxo un clasificador de moedas para a tenda.
-
s
m
Moble dividido en compartimentos no que se gardan documentos clasificados.
-
s
m
[TECNOL]
Máquina para efectuar a clasificación, empregada principalmente nas industrias químicas e metalúrxicas. O clasificador hidráulico máis sinxelo é o de fluxo cruzado, que traballa en réxime continuo e consiste nun canal semicilíndrico inclinado uns 12°, que ten no interior un transportador sen fin que recolle as areas sedimentadas do fondo do canal e as leva ata a parte alta de descarga. No extremo inferior hai un sumidoiro por onde sae o líquido cos limos, libre de areas. Todos os clasificadores hidráulicos traballan de xeito semellante e só varían na forma do recipiente e do sistema transportador.
-
s
f
Máquina que se utilizaba para clasificar e ordenar as tarxetas perforadas, segundo as regras dun código, alfabeticamente ou por unha orde previamente determinada.