Clavijo, Batalla de

Clavijo, Batalla de

Combate lendario de Ramiro I de Asturias contra ‘Abd al-Ra ḥ mān III celebrado no ano 859 en La Rioja. A lenda narra o enfrontamento que xurdiu pola reclamación de ‘Abd al-Ra ḥ mān a Ramiro I do pagamento das 100 doncelas prometido por Mauregato. Ramiro negouse e, deste xeito, iniciouse a guerra. Derrotados os cristiáns no primeiro enfrontamento, esa noite Ramiro soñou que o Apóstolo Santiago o incitaba a que presentase batalla ao día seguinte e afirmou que se presentaría nun cabalo branco e cunha bandeira da mesma cor para axudalo. O éxito da campaña fixo que, dende aquela, os exércitos cristiáns entrasen en combate berrando “Santiago y cierra España”. A lenda naceu confundindo esta suposta batalla coa de Albelda.