clefta

clefta

(< gr modernoκλέϕτης < grκλέπτης ‘ladrón’)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos cleftas.

  2. s [HIST]

    Individuo da comunidade clefta.

  3. s m pl [HIST]

    Comunidade de homes libres, armados e combativos, fuxitivos da servidume ou campesiños expulsados das súas terras, que se organizaban en bandas e que actuaron no medio rural grego durante a dominación turca. Defenderon a causa da independencia grega contra os otomanos e definíronse como bandidos nacionais cuns criterios tradicionais. Identificábanse co defensor ou vingador dos cristiáns en contra dos turcos, ocultos en zonas marxinais do territorio como montañas e bosques. A figura dos cleftas recollérona e magnificárona as baladas e os poetas e folcloristas filohelénicos románticos.