cliente -ta

cliente -ta

(< lat cliente)

  1. s [HIST]
    1. Individuo libre que, na antiga Roma, se situaba baixo a protección dun patrón, con frecuencia de orixe patricia. A cambio de protección, asistencia xurídica e distribucións periódicas de comida, cartos ou terras, proporcionaba votos nas eleccións e podía enrolarse ás ordes do patrón. Esta relación, de carácter hereditario, estaba consagrada pola práctica e recoñecida polo ius patronatum.

    2. No réxime feudal, persoa que permanecía baixo a protección doutra.

  2. s
    1. Persoa que utiliza os servicios dun profesional ou dunha empresa, en especial quen o fai habitualmente. Ex: O mellor da empresa é a atención ao cliente.

      Ex: O mellor da empresa é a atención ao cliente.

    2. Persoa a quen defende un avogado nun preito. Ex: Gañou un caso semellante con outra clienta.

      Ex: Gañou un caso semellante con outra clienta.

  3. Persoa que adoita facer as compras ou que se serve nun establecemento aberto ao público. Ex: O supermercado ten menos clientes desde que abriron o centro comercial.

    Ex: O supermercado ten menos clientes desde que abriron o centro comercial.

  4. [COMUN]
    1. s

      Empresa, organización ou persoa anunciante.

    2. cliente potencial

      Posible cliente dun produto ou dun servicio.

  5. [INFORM]
    1. s m

      Ordenador que recibe servicios doutro ordenador ou, nun sistema operativo multitarefa, proceso que recibe servicios doutro proceso. A máquina ou o proceso que está subministrando os servicios chámase servidor.

    2. cliente-servidor

      Filosofía ou sistema de organización informático baseado no emprego, nunha rede, dun ou máis ordenadores de gran potencia onde se centralizan unha serie de tarefas para as que se necesita gran capacidade de cálculo ou onde se almacena información. Os seus recursos empréganos outros equipos de menor capacidade chamados clientes.

Palabras veciñas

Cliburn, Harvey Lavan Van | clic | clido- | cliente -ta | clientela | clientelismo | Clifford, George