climatización

climatización

(< climatizar)

s f

Acondicionamento do aire nun local, nun vehículo, etc, para conseguir unhas características de temperatura e humidade agradables ao corpo humano ou ben convenientes por razóns sanitarias ou doutro tipo. O control de temperatura consiste, basicamente, en calefacción no inverno e refrixeración no verán para conseguir unhas temperaturas que oscilan ao redor duns 20°C, independentemente da temperatura exterior. Como o ser humano tende a adaptarse ao medio ambiente, as temperaturas confortables no inverno son máis baixas ca no verán; deste xeito, no inverno a 20-22°C obtense unha sensación de confort que no verán equivale á de 23-25°C. A humidade convén que se manteña entre o 60 e o 70% de saturación no inverno e entre o 40 e o 50% no verán.

Palabras veciñas

climaterio | climático -ca | Climatius | climatización | climatizar | climato- | climatoloxía