clipper*

clipper*
  1. s m [MAR]

    Barco veleiro que apareceu cara ao 1830 e que se caracterizaba pola súa gran velocidade, independentemente do tipo de aparello, aínda que adoitaba arboralo redondo (especialmente de fragata ou de bricbarca) ou de velas de coitelo (sobre todo velame de goleta). A tonelaxe variaba dende as 500 ata as 4.500 t, pero a Guerra de Secesión norteamericana contribuíu á aparición dun tipo denominado medio ou modificado que podía transportar máis carga.

  2. s m [AERON]

    Avión de gran tamaño destinado ao transporte de viaxeiros.

  3. s m [INFORM]

    Linguaxe de programación de alto nivel.

Palabras veciñas

clip | clip art* | clípeo | clipper* | clippleware* | clique | clise