clorarxirita
clorarxirita
(< clor- + grάργυρος ‘prata’ + 2 -ita)
s
f
[MINERAL]
Cloruro de prata, de fórmula AgCl. Cristaliza no sistema regular formando pequenos cubos ou masas córneas de plasticidade semellante á cera. De cor branca en estado fresco, é extremadamente sensible á luz, que a colorea cunha tonalidade gris, violeta e negra. Ten dureza 2,5 e peso específico 5,55. Tamén se chama cerarxirita.