clorita

clorita

( 2 -ita)

s f [MINERAL]

Nome baixo o que se agrupa un certo número de minerais, de fórmula xeral A6[(OH)8(Al,Si)4O10], onde A pode ser magnesio, ferro, manganeso, etc, relacionados co grupo das micas. Está formada por tetraedros de SiO4 enlazados entre eles en forma de hexágonos sobre un plano. A súa composición química é extraordinariamente variable debido a que estas capas de tetraedros están ligadas por outras capas de brucita e hidrarxilita e, ademais, teñen unha gran facilidade para admitir toda clase de átomos na súa estrutura. As cloritas fórmanse a partir das micas a temperaturas pouco elevadas. Neste grupo encóntranse dous subgrupos: as ortocloritas e as leptocloritas; estas últimas teñen a propiedade de perder auga a pouca temperatura.