clorococal

clorococal

(< lat científicoChlorococcum, xénero de algas)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás clorococais.

  2. s f [PROTISTA]

    Alga da orde das clorococais.

  3. s f pl [PROTISTA]

    Orde de algas verdes, da clase das clorofíceas, que abranguen especies, principalmente de auga doce, unicelulares e inmóbiles, solitarias ou coloniais, cun plastidio axial, como no xénero Trebouxia, ou parietal, como no xénero Chlorella.