cloroformo
cloroformo
(< cloro- + -formo,abreviación de fórmico)
s
m
[QUÍM]
Líquido volátil de olor etéreo, o máis importante dos tres haloformos. Reúne, xunto co alto poder de solución que caracteriza os solventes lipófilos, unha particular capacidade de solución para numerosos compostos polares; por este motivo, é moi empregado como solvente e como axente de extracción. Pódense substituír os seus átomos de cloro pola acción de reactivos básicos e dá derivados do ácido fórmico. Por acción da luz solar oxídase e dá fosxeno. Emprégase en refrixerantes, propulsores, plásticos de fluorocarbono e colorantes. Evítase como anestésico xeral polo perigo de toxicidade que presenta.