coacervado -da

coacervado -da

(< coacervar)

  1. p reg

    de coacervar.

  2. s m [QUÍM]

    Fase coloidal obtida no proceso de coacervación. O seu comportamento reolóxico é o dun líquido newtoniano de alta viscosidade.

  3. teoría dos coacervados [BIOQ]

    Teoría elaborada por Aleksandr Ivanovič Oparin para explicar a orixe dos primeiros seres vivos a partir do “caldo primitivo”, que contiña macromoléculas que se xuntaron e formaron un coacervado. Esta teoría confirmouse posteriormente por medio dos traballos de Haldane e Fox.

Palabras veciñas

coaccionador -ra | coaccionar | coacervación | coacervado -da | coacervar | coactivo -va | coada