coala

coala

(

Nome científico: [Phascolarctoscinereus, Fam dos fascolártidos]
s m [ANIMAL]

Mamífero da orde dos marsupiais de ata 78 cm de lonxitude e cun peso de 10 kg, co corpo groso, co pelame mesto de cor cinsenta agás o queixo, o peito e a parte interior das extremidades que son brancos, e as orellas de gran tamaño e desta mesma cor. Os dedos presentan uñas grandes e fortes, e o primeiro e segundo da man poden opoñerse aos outros tres. Posúen tamén bolsas bucais para almacenar o alimento e a cola é moi curta e redondeada. É unha especie arborícola e nocturna que vive nos bosques de eucaliptos situados por debaixo dos 600 m de altitude no L de Australia. Aliméntanse de gromos e follas de eucalipto grazas a que o fígado produce ácido glucurónico para neutralizar a toxicidade destas árbores. Os machos defenden, doutros machos, os territorios onde viven unha serie de femias coas que se reproducen no verán. A cría acabada de nacer pesa 0,5 g e suxéitase por ela mesma a un dos pezóns que hai no interior da bolsa marsupial, orientada cara a abaixo. Aos 5 meses de idade pasa a alimentarse dunha excreción rectal semidixerida e, ao mesmo tempo que se nutre, vai adquirindo os microorganismos simbióticos que dixiren a celulosa, propios do intestino dos coalas adultos. Aos 7 meses abandona a bolsa e trasládase ás costas da nai onde se mantén ata o ano de idade. Na década de 1930 os coalas estiveron en grave risco de extinción, pero a prohibición da súa caza a partir de 1944 mantivo a especie, aínda que a súa conservación depende dos cada vez máis escasos bosques de eucaliptos de Australia.

Palabras veciñas

coagulopatía | Coahuila | coal tar* | coala | coalescencia | coalescente | coalición