2 coca

2 coca

(< 2 coco)

  1. s f [ANIMAL]

    Animal de corpo alongado, cilíndrico ou aplanado, contráctil e brando. Con esta denominación englóbanse tanto os filos de platihelmintos e anélidos como as larvas vermiformes dalgúns insectos.

    Ex: Tivo que tirar coa carne porque estaba chea de cocas.

  2. coca de area [ANIMAL]

    erme de ata 20 cm de lonxitude, co corpo dividido en tres rexións e branquias arborescentes, que escava galerías na area do litoral á vez que reteñen as partículas orgánicas presentes nela, que constitúen o seu alimento. Coa baixamar deixan nas praias pequenas moreas espirais, produto do filtrado na entrada das galerías. Os pescadores emprégano como isca.

Palabras veciñas

Coburn, Alvin Langdon | Coburn, James | 1 coca | 2 coca | 3 coca | 4 coca | 5 coca