cóccix

cóccix

(

s m [ANAT]

Óso curto, impar, central e simétrico que constitúe o final da columna vertebral. Está formado pola fusión das catro vértebras coccixeais e ten forma triangular, cunha base, un vértice, dúas caras e dous bordos. Articúlase co sacro pola base e ten o músculo glúteo maior inserido na cara posterior, o elevador do ano e o isquiococcixeal, nos bordos, e o esfínter do ano, no vértice. OBS: O cc pronúnciase [ks].