cociñar

cociñar

(< lat coquināre)

v t e i

Someter a unha fonte de calor un alimento para a súa elaboración. Pode ser en seco (na grella, no lume vivo e na prancha), con graxa (fritido ou salteado), en líquido (fervido, escalfado ou ao vapor), ao forno ou cunha técnica combinada (refogado, estufado, rustridos, etc). Cada método de cocción consegue unha transformación característica do alimento que inflúe na súa dixestibilidade, características nutricias e propiedades organolépticas. O asado confírelle un gusto característico pola transformación que experimentan os azucres e as aminas expostas a unha calor intensa (ademais, se se fai sobre lume de carbón ou madeira pode adquirir un aroma afumado); sen embargo, pode causar endurecemento nas estruturas proteicas (carnes e peixes). O guisado extrae da vianda a graxa e outras materias solubles, de maneira que se mellora a dixestibilidade pero pode perderse valor nutricio. É adecuado para viandas fibrosas -carnes pouco nobres-, porque a calor pouco intensa e prolongada converte o coláxeno en xelatina (así o conseguen técnicas como o estufado). Polo contrario, a fritura engade graxa, feito que aumenta o sabor, pero fai a peza máis indixesta e calórica, e pode endurecela. O fervido mantén en gran medida as características propias do alimento mellorando a súa dixeribilidade, pero causa perda de substancias solubles que fan diminuír valor nutritivo e sabor. Por iso, como norma xeral, é preferible a cocción ao vapor. O cociñado na prancha mellora o sabor e a dixeribilidade, e no caso de alimentos como a carne ou o peixe de proteínas como o coláxeno (que forma unha capa que impide a fuga de líquidos e fai máis tenro o alimento, ao volverse xelatinoso en lugar de fibroso) conseguen unha excelente celmosidade.

Refráns

  • A carne de vaca, ben cocida e mal asada.
  • A vaca, ben cocida e mal asada.
  • Carne ben asada ten ás veces mala cara.
  • Carne mal asada tamén engorda.
  • O que é duro de pelar é bo de asar.
  • Perdiz moi azorada está medio asada.
Conxugar
VERBO cociñar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cociño
cociñas
cociña
cociñamos
cociñades
cociñan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cociñaba
cociñabas
cociñaba
cociñabamos
cociñabades
cociñaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cociñei
cociñaches
cociñou
cociñamos
cociñastes
cociñaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cociñara
cociñaras
cociñara
cociñaramos
cociñarades
cociñaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cociñarei
cociñarás
cociñará
cociñaremos
cociñaredes
cociñarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cociñaría
cociñarías
cociñaría
cociñariamos
cociñariades
cociñarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cociñe
cociñes
cociñe
cociñemos
cociñedes
cociñen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cociñase
cociñases
cociñase
cociñasemos
cociñasedes
cociñasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cociñar
cociñares
cociñar
cociñarmos
cociñardes
cociñaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
cociña
-
-
cociñade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
cociñar
cociñares
cociñar
cociñarmos
cociñardes
cociñaren
Xerundio cociñando
Participio cociñado
cociñada
cociñados
cociñadas