cocolitoforal
cocolitoforal
(< cocólito + gr ϕορέω ‘levar’ + -al)
-
adx
Relativo ou pertencente ás cocolitoforais.
-
s
m
[PROTISTA]
Alga da orde das cocolitoforais.
-
s
m pl
[PROTISTA]
Orde de algas unicelulares da clase das crisofíceas. Abrangue organismos moi pequenos, de entre 5 e 40 μm, con dous cromatóforos de cor amarela escura, dous flaxelos iguais e unha membrana fina, cuberta cunha capa xelatinosa dentro da que se forman pezas calcificadas discoidais, os cocólitos. Viven principalmente no mar, sobre todo en augas mornas ou quentes. Teñen interese como organismos fotosintetizadores e como formadores de sedimentos ricos en cocólitos fósiles.