codeshidrase

codeshidrase
s f [BIOQ]

Primeiro nome que lle deron Hans von Euler e os seus colaboradores, en 1932, ao coenzima dinucleótido adenina-nicotinamida (NAD). Posteriormente se denominou codeshidrase I, cando Otto Heinrich Warburg illou outro coenzima moi afín, o fosfato do dinucleótido adenina-dicotinamida (NADP), ao que chamou codeshidrase II.