Codium

Codium
[PROTISTA]

Xénero de algas verdes mariñas da familia das codiáceas. En Galicia están presentes as especies C. fragile e C. tomentosum, de talos de ata 40 cm de lonxitude, de cor verde escura, cilíndricos e esponxosos, de ramificación dicótoma e cubertos dunha pilosidade moi fina; e C. adhaerens, de talo crustáceo, que aparece pegado ás rochas formando unha cuberta de ata 5 mm de grosor.

Palabras veciñas

codio | codirección | codirector -ra | Codium | codobela | Codolar, Pere | codominancia