cofactor

cofactor

(< co- + factor)

  1. s m [BIOQ]

    Moléculas pequenas non proteicas que se unen aos enzimas para que estes poidan levar a cabo a actividade catalítica. Poden ser ións metálicos ou moléculas orgánicas, que reciben o nome de coenzimas.

  2. s m [MAT]

    Dada unha matriz cadrada A e un elemento a ij desta, número determinado pola expresión A ij =(-1) i+j detM ij , onde M ij é a matriz cadrada que resulta de omitir en A a fila i e a columna j. A ij é o cofactor do elemento a ij de A, e detM ij é o menor do elemento a ij .

Palabras veciñas

coexistente | coexistir | cofa | cofactor | cofadoira | cofar | cofear