Cogul

Cogul

Pinturas rupestres prehistóricas do grupo dos chamados pintores das serras, situada na cova dos Mouros (El Cogul, Lleida). Trátase do xacemento máis setentrional deste grupo, no que se atoparon figuras pintadas e gravadas. Destacan as representacións de animais, sobre todo touros e cervos, e unha escena na que aparecen un grupo de mulleres bailando ao redor dunha figura masculina itifálica, que se interpretou como unha danza da fertilidade.

Palabras veciñas

cogorda | cogordo | Cogotas, Las | Cogul | cogula | cohabitación | cohabitante