cohorte
(< lat cohorte)
-
s
f
[HIST/BÉL]
Unidade táctica básica da lexión romana constituída, desde a reforma de Mario, por 600 homes organizados en seis centurias e dirixidos por un tribuno militar. Coa reforma militar de Mario, no 107 a C, a cohorte quedou constituída por individuos de todas as clases sociais, incluído o proletariado urbano, e dotáronse dun armamento uniforme. A excepción no número de membros é a cohors prima, formada por 500 homes, organizados en cinco centurias. Coa expansión militar aumentou a necesidade de tropas e apareceron as cohortes auxiliares, constituídas por elementos recrutados nas provincias e comandadas por un prefecto. A cohorte pretoriana (cohors praetoria) naceu como garda persoal dun xeneral. No Imperio pasou ao servizo persoal do emperador e baixo o goberno de Tiberio, no 23 a C, concentráronse nun cuartel preto de Roma, mandadas polo prefecto do pretorio. En tempos de Constantino o Grande disolvéronse. A presencia de cohortes na Gallaecia está vinculada á Legio VII Gemina, que chegou a Hispania no ano 74 d C; dela dependían algunhas unidades auxiliares como a Cohors I Celtiberorum e a Cohors I Gallica. A Cohors I Celtiberorum, creada durante a dinastía Xulio-Claudia, foi unha unidade de cabalería (equitata) que participou en diversos enfrontamentos en Mauritania (109 d C) antes da súa chegada a Hispania. Estableceuse no campamento de Cidadela, á beira da vía 20, onde se documentou a súa presencia dende comezos do s II d C ata mediados do s IV d C, cando se trasladou a Iuliobriga (Reinosa). No caso da Cohors I Gallicam, tratábase tamén dunha unidade equitata, creada posiblemente nas mesmas datas da Legio VII e que algúns autores identifican cos poboadores do campamento de Aquis Querquennis. Esta unidade habitou o campamento de Aquis ata o Baixo Imperio.
-
s
f
[BÉL]
Brigada de combatentes. Ex: A cohorte fortemente armada asaltou o castelo.
Ex: A cohorte fortemente armada asaltou o castelo.
-
s
f
Calquera serie numerosa.
-
s
f
[BIOL]
Categoría taxonómica comprendida entre a clase e a familia.
-
s
f
[XEN]
Individuos pertencentes á mesma poboación que presentan un carácter común.
-
s
f
[DEMOG]
Conxunto de individuos que viven de maneira simultánea un mesmo acontecemento durante un determinado período de tempo.