colapso

colapso

(< lat collapsu ‘caído,arruinado’, p p de collābi ‘caer, arruinar’)

  1. [PAT]
    1. s m

      Retracción anormal das paredes dun órgano baleiro, como o corazón, os vasos sanguíneos ou os pulmóns, co conseguinte efecto nas súas funcións.

    2. s m

      Perda do ton das paredes dos vasos sanguíneos pequenos (arteriolas e vénulas) no curso dunha insuficiencia circulatoria aguda, que se manifesta con hipotensión, diminución do fluxo de sangue circulante e con trastornos cerebrais e da consciencia ocasionados por anoxia cerebral. Representa un estadio inicial de choque.

    3. colapso pulmonar

      Retracción total ou parcial do pulmón.

  2. s m
    1. Paralización transitoria dunha actividade calquera. Ex: O comercio exterior do país sufriu un colapso e reducíronse as vendas. A cidade sufre un colapso circulatorio que fai imposible moverse en coche.

      Ex: O comercio exterior do país sufriu un colapso e reducíronse as vendas. A cidade sufre un colapso circulatorio que fai imposible moverse en coche.

    2. Destrución dalgunha cousa, como un sistema ou organización. Ex: O golpe de estado produciu o colapso do sistema anterior.

      Ex: O golpe de estado produciu o colapso do sistema anterior.

  3. colapso gravitacional [ASTRON]

    Contracción da materia dun obxecto celeste, e o correspondente aumento da súa densidade, que se produce cando a atracción gravitacional de toda a masa cara ao centro supera todas as outras forzas presentes. Un colapso deste tipo pódese producir nunha nube de materia interestelar, co que constitúe a primeira etapa da xénese dunha estrela; neste caso, o colapso realízase dunha maneira relativamente lenta e detense cando a presión cara a fóra aumenta, a medida que o gas interestelar se quenta ao comprimirse e iguala a forza da gravitación cara ao centro da nube. Outro colapso moito máis brusco é o que se produce durante a explosión dunha supernova; xa que logo, as rexións centrais dunha estrela afúndense en poucas horas e dan lugar a un corpo superdenso, unha estrela de neutróns na que a forza da gravidade se ve compensada por unha presión de orixe mecánico-cuántica. Finalmente, cando a masa que se condensa é tan grande que non hai ningunha forza que poida superar a atracción cara ao centro, o colapso é indefinido e orixínase un burato negro. Neste outro caso, un observador exterior pode ver cómo a materia se condensa cada vez máis, pero a velocidade de condensación diminúe a medida que as súas dimensións se achegan ao radio de Schwarzschild, sen chegar a sobrepasalo. Contrariamente, un observador situado na superficie da masa que colapsa vería cómo se chega a este valor do radio nun tempo máis ou menos longo pero finito. Esta circunstancia explícase pola teoría da relatividade.

Palabras veciñas

colanxioma | colanxite | colapsar | colapso | 1 colar | 2 colar | colargol