coláxeno -na
(< grκόλλα ‘cola de pegar’ + -xeno)
-
adx
Relativo ou pertencente ao coláxeno.
-
adx
Que contén coláxeno.
-
s
m
[BIOQ]
Escleroproteína animal que é o principal compoñente do tecido conxuntivo, onde forma un conxunto de estruturas (fibras coláxenas) e substancia amorfa (substancia coláxena). Tamén é a parte orgánica do tecido óseo e da pel. Quimicamente está constituído por proteínas fibrosas (formadas por glicina, prolina e oxiprolina) e mucopolisacáridos. As fibras coláxenas integran a masa principal das substancias intercelulares modeladas, localizadas nos tecidos resistentes á presión, á tracción ou ao rozamento. Están constituídas por feixes de fibriñas coláxenas duns 0,2-0,5 μm de grosor, formadas por cadeas helicoidais de moléculas de tropocoláxeno. Inchan fortemente en solucións ácidas, básicas e de determinados sales, e son moi resistentes aos axentes proteolíticos, de xeito que só se ven atacadas polas colaxenases. A substancia coláxena representa un depósito de aminoácidos importantes e, pola súa consistencia e constitución especial, actúa como barreira para as invasións microbianas a nivel do intersticio celular. É un constituínte básico dos tecidos que se alimentan sen vasos, como a córnea ou a cartilaxe articular.