colecalciferol
colecalciferol
(< cole- + calciferol)
s
m
[BIOQ]
Composto derivado do esterol que pertence á familia da vitamina D. Fórmase na pel por irradiación con raios ultravioletas sobre o 7-dihidrocolesterol. Aumenta a absorción intestinal de calcio, pero para que sexa activo ten que transformarse en 1,25-dihidroxicolecalciferol, nun proceso que ten lugar, en parte no fígado, e en parte nos riles.