colecistite

colecistite

(

s f [PAT]

Inflamación, xeralmente infecciosa, da vesícula biliar. Preséntase preferentemente en idade adulta e no sexo feminino. A infección bacteriana das paredes vesiculares está precedida a miúdo da obstrución calculosa do conduto cístico. As formas agudas caracterízanse pola aparición, de forma progresiva ou súbita, dun cólico biliar ou dunha dor de intensidade variable, localizada na parte alta do epigastrio e no hipocondrio dereito; as colecistites crónicas maniféstanse pola reiteración de múltiples brotes de colecistites agudas ou ben por unha dispepsia, con flatulencia, intolerancia ás graxas, etc. A ecografía proporciona a confirmación diagnóstica en case todos os casos. O tratamento definitivo consiste na colecistectomía.