colmea
colmea
(< lat crumēna ‘peto,bolsa’)
-
s
f
Lugar natural ou fabricado polo home no que as abellas constrúen os favos.
Ex: As abellas fixeron a colmea no tronco oco da pereira.
Sinónimos: cortizo, trobo. -
s
f
[ENTOM]
Comunidade de himenópteros, especialmente abellas, que habitan xuntas. No caso da abella doméstica acada os 60.000 individuos e distínguense tres castes diferentes: a raíña, as obreiras e os abázcaros.
Sinónimos: enxame.