colodión

colodión

(

s m [QUÍM]

Solución de piroxilina en alcohol e éter etílicos, nunha proporción de 4 g de piroxilina en 100 ml, dunha mestura formada por un volume de alcohol e tres de éter. Emprégase, entre outros usos, para fabricar películas fotográficas, para gravados e litografía, para confeccionar perlas artificiais e para recubrir pequenas feridas.

Palabras veciñas

colocar | Colocci, Angelo | Colocolo | colodión | colofón | Colofón | colofonia