coloquial

coloquial

(< coloquio)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ao coloquio.

  2. adx

    Aplícase ao nivel de relación habitual ou corrente.

  3. [LING]
    1. adx

      Aplícase á linguaxe propia da conversa a diferencia da escrita ou literaria.

    2. adx

      Aplícase ás voces, xiros, expresións ou frases propias da conversa cotiá. O falante non coida a pronuncia, o vocabulario ou a estrutura oracional. Os falantes educados nunha lingua, xeralmente utilizan a fala coloquial en situacións informais. Por exemplo, en galego, na fala coloquial, pódese dicir Veña, anímate, e vén tomar un café con nós en lugar da opción máis formal Estariamos encantados de que nos acompañases a tomar un café.

    3. estilo coloquial

      Aplícase ao xeito de escribir tal como se fala a cotío.

Palabras veciñas

colono -na | colonoscopia | colonoscopio | coloquial | coloquialismo | coloquíntida | coloquio