catarro
catarro
(
s
m
[PAT]
Inflamación aguda ou crónica dunha mucosa. O exsudado que flúe pola superficie da mucosa procede dos vasos e tamén dunha hipersecreción das células superficiais e das glándulas da rexión inflamada. Dependendo das mucosas afectadas, o catarro pode ser nasal (rinite), farínxeo (farinxite), bronquial (bronquite), gástrico (gastrite) ou intestinal (enterite).