Christie, Manson & Woods

Christie, Manson & Woods

Nome da primeira casa de poxas dedicada aos obxectos artísticos, coñecida como Christie’s. Foi fundada por James Christie o Vello (1730-1803) en Londres, onde tivo lugar a primeira poxa o 5 de decembro de 1766 no edificio Pall Mall. En 1823, James Christie o Novo (1773-1831) instalouse en King Street, St. James’ s Square, sede da institución agás no período 1941-1953, época na que se trasladou por mor dos danos producidos durante a Segunda Guerra Mundial. Despois da morte de Christie o Novo, asociáronse William e Edward Mason e en 1859 a casa adoptou o nome actual. En 1973 converteuse nunha compañía pública. Editou o Christie’s International Magazine e ten como empresas auxiliares a Christie’s Appraisals, a White Brothers, a Christie’s Education, promotora de cursos de arte en Londres, e a Phaidon/Christie’s, editora de libros de arte. Ten sedes en Amsterdam, Nova York e Xenebra.