Colorado, Gran Canón do
Colorado, Gran Canón do
Canón aberto pola erosión do río Colorado, situado no estado de Colorado, EE UU. Ten uns 350 km de lonxitude, entre 6 e 29 km de ancho e 1,2 km de profundidade. A súa formación débese á escavación producida polo leito do río Colorado e a unha elevación da meseta homónima. En todo o canón as rochas deformáronse por pregamentos e fallas, o que contribuíu a unha rápida erosión da garganta. Unha parte do canón, xunto coas mesetas de ambos os lados, constitúen desde 1919 o Parque Nacional do Gran Canón que recibe varios millóns de visitantes ao ano, procedentes fundamentalmente do propio país. O clima é moi rigoroso, con calor e frío moi extremos.