colorimetría
(
-
s
f
[FÍS]
Medida da cromaticidade ou da luminosidade dunha radiación luminosa. Para determinar os compoñentes dunha radiación luminosa empréganse colorímetros, fotocolorímetros ou, indirectamente, espectrofotómetros.
-
s
f
[QUÍM]
Designación antiga da absorciometría de luz visible. A utilidade desta técnica da química analítica consiste na medición da concentración dunha substancia a partir da determinación do seu poder de absorción. Emprégase a lei de Beer-Lambert, da forma log (I 0 /I)=kcl, onde I 0 é a intensidade da luz incidente, I a intensidade da luz transmitida, k unha constante que depende da substancia disolta, c a súa concentración e l o groso da disolución atravesada. Coñecida a constante k, propia de cada substancia, mídese a transmitancia (I/I 0 ) da solución problema coa axuda dun colorímetro, no caso de luz visible, ou cun espectrofotómetro, no caso dunha radiación fóra do espectro visible. Tamén se coñece co nome de análise colorimétrica.