coloso

coloso

(< lat colossus < grκολοσσός)

  1. s m

    Estatua de dimensións xigantescas. Algúns dos máis coñecidos son o de Rodas e os de Memnon.

    Ex: Desbotaron a idea de colocar un coloso no centro da praza.

  2. s m

    Persoa ou cousa que ten unhas calidades sobresaíntes.

    Ex: Recibiu un premio por ser un coloso da ciencia. Reuníronse os dous colosos da economía mundial.