Coltricia

Coltricia
[FUNGO]

Xénero de fungos da familia das himenoquetáceas ao que pertence a especie C. perennis. Produce cogomelos de ata 7 cm de diámetro que emerxen directamente do chan, baixo bidueiros e piñeiros. Caracterízanse por ter un chapeu arredondado coa parte central afundida, cun tacto semellante ao veludo. Posúe unha carne moi dura e de cor parda con bandas concéntricas máis escuras, cun pé central e curto, e co himenio formado por tubos rematados en poros.