1 comando

1 comando

(

  1. s m [BÉL]

    Mando militar.

  2. s m [BÉL]
    1. Forza de asalto autónoma con poucos efectivos, organizada e preparada para cumprir misións especiais. Xeralmente realiza operacións dobremente ofensivas, rápidas e dunha gran calidade. A selección dos comandos é moi minuciosa e nútrese de voluntarios. A instrución é moi coidada, o armamento é o propio das forzas de choque e a organización das unidades é dunha gran flexibilidade. As misións máis importantes do comando son a sabotaxe, o golpe de man, as misións informativas e de recoñecemento, etc. O seu nome provén das guerrillas bóers que continuaron loitando despois da vitoria inglesa; sen embargo, o seu desenvolvemento táctico conseguiuse durante a Segunda Guerra Mundial.

    2. Cada un dos integrantes dun comando.

  3. s m

    Grupo de terroristas que realizan actuacións armadas en conxunto.

Palabras veciñas

comandita | comanditar | comanditario -ria | 1 comando | 2 comando | Comaneci, Nadia | comarca